O castro de Pereirolas

O CASTRO DE PEREIROLAS EN CELA

As palabras polas cales son indicados e coñecidos os lugares e partes do territorio, constitúen un aspecto clave para o grupo social que utiliza estes espazos. Tanto polo papel diferenciador que xoga cada unha delas a respecto das outras como pola información histórica, lingüística, sociolóxica etc, que levan asociada e son quen de transmitir ás persoas que reciben a mensaxe.

A chamada agra de Pereirolas ocupa unha vasta chaira situada entre os lugares de Ver, as Hortas e Quintián, todos eles no circundo da parroquia de Cela. O citado enclave amosa unha marcada elevación topográfica a respecto do río Miño que chega dende Taboi, pola banda do nor-leste, para continuar camiño de Bicoaguillón e a Trabanca. Este outeiro estratéxico fora elixido para a construción dun asentamento do cal se ten esvaecido seu rastro físico na superficie, mais fican conservados diversos elementos no eido da toponimia que confirman a existencia e relevancia deste poboado propio da cultura castrexa.
De tal forma, se revisamos os nomes das parcelas situadas na mencionada agra atopamos diferentes topónimos que confirman a súa presenza.  Leira/o dos castros, os castros, o castro, agra/o do castro, campón dos castros, as croas, e leira das croas son algúns destes chamadeiros actuais aos cales hai que sumar o de madorra dos castros que figura na catalogación da Xunta.

O 10 de marzo de 1753 os  veciños de Cela responderon ao interrogatorio do coñecido Catastro de Ensenada. No citado documento a freguesía aparece dividida en dúas partes: Couto da Trabanca e resto da parroquia. Ambos territorios figuran separados por unha liña que comeza nas pías do caneiro vello de Ramil, dende aquí vai até o marco de Quintián, deste ao Castro de Pereirolas, continúa ao marco das Hortas e, por fin, remata no Porto do Barco.

Os datos observados fan pensar que, polas datas que falamos, os veciños da parroquia de Cela asociaban claramente o antigo asentamento castrexo ao topónimo referido. Emprazamento que, con seguridade, conservaría daquela os restos da súa estrutura en mellores condicións cas presentes.