ACONTECEU NESTA LEXISLATURA (III): O misterio da desaparición da fonte



A MISTERIOSA DESAPARICIÓN DA FONTE QUE ESTABA DIANTE DO CONCELLO

Cando se realizara a derradeira remodelación da Praza do Concello os gobernantes do PP de Outeiro, dirixidos polo señor Pardo, quitaron a fonte de cantería alí colocada que poucos anos antes eles mesmos mercaran como unha grande marabilla e pola cal se pagou unha cantidade de varios millóns das antigas pesetas. Un exemplo desa inmellorábel xestión da cal presumen a diario.

Nun pleno ordinario celebrado o día 28 de outubro de 2011, ao pouco de comezar a presente lexislatura, o concelleiro representante do BNG, preguntou ao señor alcalde que fora da fonte que desaparecera do seu asentamento na praza situada diante da Casa do Concello.

O señor Alcalde, na quenda de resposta, contestou con firmeza que a fonte estaba debidamente gardada e será colocada de novo en canto houbera unha praza remodelada axeitada para ela. 
A punto de rematar a lexislatura continuamos agardando para saber, polo menos, que foi da fonte, que é de todas e todos os veciños de Outeiro, aínda que sexa sen praza!.