Canto leva gastado o concello nos xuízos que perdeu?

ARCADIO LOMBAO ROMAN, como portavoz do Grupo Municipal do BNG, no Concello de Outeiro de Rei, ao abeiro da lexislación vixente, presenta as seguintes preguntas, para a súa resposta por parte da Alcaldía.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Nos últimos tempos, as distintas administración gobernadas polo Partido Popular téñennos acostumados a que os cidadáns teñamos que poñer cartos de xeito continuado para cubrir os efectos dos xuízos que perden por demandas dos seus administrados.

Exemplos disto son as sentenzas perdidas pola Xunta co persoal dos CELGA e do Consorcio, polos cartos derivados aos colexios privados que marxinan ao alumnado polo seu sexo, ou mesmamente os continuados xuízos que leva perdido este concello de Outeiro de Rei fronte aos veciños.

Existen moitas persoas neste momento que o están a pasar moi mal, non dispoñendo dos máis mínimos recursos para a subsistencia diaria, faltando a comida, tendo problemas para poder comprar o material escolar dos seus fillos ou fillas ou vendo como pode morrer esperando a que un médico da Seguridade Social (que por certo leva pagando toda a vida) os atenda como é debido, e todo isto debido aos recortes feitos polo Partido Popular para beneficio de banqueiros e grandes empresarios.

Os xuízos que o concello de Outeiro de Rei leva perdido despois das demandas dun veciño por cuestións urbanísticas é un claro exemplo desta dilapidación de cartos públicos debido a unha nefasta xestión e por tomar decisións sen pensar que os cartos que se xestionan son de todos.

PREGUNTAS:
  1. Cando leva gastados o concello en avogados, procuradores, peritos, costas e/ou demais gastos nestes xuízos antes indicados?
  2. Canto vai ser o custe para os veciños de Outeiro de Rei a execución destas sentenzas?
  3. Cando o señor Alcalde ou a Comisión de Goberno que tomou as decisión recorridas van reintegrar ás arcas públicas todos os custes derivados destes xuízos e sentenzas?