Ten o Concello iniciada algunha acción para recuperar a titularidade das rúas de Triaqua?

ARCADIO LOMBAO ROMAN, como portavoz do Grupo Municipal do BNG, no Concello de Outeiro de Rei, ao abeiro da lexislación vixente, presenta as seguintes preguntas, para a súa resposta por parte da Alcaldía.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A xestión de todo o relacionado co urbanismo no concello é unha cuestión que preocupa grandemente a todos os veciños e veciñas de Outeiro de Rei, dado que os impostos que pagamos cada vez son maiores e os prezos dos servizos tamén.

PREGUNTAS:

Ten o concello iniciado algunha acción legal para lograr a titularidade das rúas da urbanización Triaqua, agora propiedade dunha empresa privada?