Aconteceu nesta lexislatura (I) Día de Rosalía

O ALCALDE, SEÑOR PARDO, NÉGASE A ADICAR O DÍA 24 DE FEBREIRO A ROSALÍA DE CASTRO.


Nun pleno celebrado en febreiro de 2012, o portavoz do Bloque Nacionalista Galego no concello de Outeiro,  Arcadio Lombao, propuxera á corporación municipal adicar o día 24 do citado mes á escritora e poeta galega Rosalía de Castro.




Entre outras cuestións, o concelleiro do BNG apuntara que é a escritora máis representativa da lingua e literatura galegas. O seu libro Cantares Gallegos foi o primeiro libro escrito íntegramente no noso idioma e desde a vontade firme e inequívoca o seu significado sinala o inicio da restauración do uso escrito do galego e o final do seu silencio e esquecemento.


O señor Pardo, alcalde e portavoz do PP, manifestara non compartir a proposta do concelleiro nacionalista e anunciara o voto en contra do seu grupo xustificado co curioso argumento de que "a mencionada Rosalía de Castro non posuía vinculación co concello de Outeiro de Rei". Segundo o alcalde, "puidera darse o caso de existir  persoeiros “igual de relevantes”, vinculados ao concello, aos cales non se lles tiña adicado ningún día e daquela, votando a favor, crearíase una gravísima situación de inxustiza".

Ver para crer!